EL GETA ASUSTÓ AL CAMP NOU (AS)
| Ronaldinho vio la roja por agresión a Belenguer. Messi fue frenado con faltas. La grada pidió la hora. |
|
NI EL ÁRBITRO NI EL GETAFE
PUDIERON DOBLEGAR AL
BARÇA (SPORT)
El Barça consiguió una victoria épica contra el Getafe que le mantiene vivo en la Liga. El partido estuvo marcado por la expulsión de Ronaldinho -autor del gol- y por la nefasta actuación del colegiado Pérez Burrull que fue incapaz de atajar el juego duro.
Fronte a victoria do Barça o sábado 26 no Camp Nou, os xornais do Domingo saíron a venda cunha gran difusión, debido a gran expectación que se viviu durante o partido. Afeccionados do Madrid comprarían o xornal AS no que se atoparían unha redacción, un pouco irónica e burlesca de cara o Barça, defendendo claramente a decisión de Pérez Burrull en canto a expulsión de Ronaldinho, por cometer unha falta contra Belenguer, e deixa dito de paso que esta non é a primeira agresión que comete, aínda que si a primeira que se lle castiga. O AS defende a expulsión de Ronaldinho e ademais describe este partido como unha mezcal entre fútbol e boxeo, xa que o que máis perdurou en dito partido foron as faltas.Defende a idea de que o Barça tivo medo ante o Getafe, pois non quería que se repetise o resultado anterior 0-4 a favor do Getafe. Ademais deixa claro que o Getafe non llo deixou nada fácil ó Barça e que o fixo tremer en algún momento. Sen embargo o xornal SPORT non ve xusta a expulsión de Ronaldinho, a cal foi a imaxe do partido do Sábado. Neste xornal defendese a idea de que o Getafe, movido polo orgullo entrou o terreo de xogo a ganar por encima de todo, e o que máis destaca do seu xogo son as patadas que cometeu, unha das cales obtivo como resposta a reacción de Ronadinho , que lle custo a expulsión directa.Pero ainda así o SPORT deixa dito: “Sudando sangre, sufriendo las constantes faltas del Getafe y la indolencia de Pérez Burrull -enseñó 8 tarjetas amarillas y una roja y ni así pudo parar el juego violento- y jugando con uno menos toda la segunda parte, el Barça se hizo con tres puntos que le mantienen vivo en la Liga.”
Ambas noticias aparecen na portada acompañadas con unha foto na que se representa a imaxe máis significativa do partido; Debido as ideoloxías que defende cada xornal o titular móstrase moi diferente; o titular do AS defende un Barça nervioso e tembloroso ante o seu rival. Mentres o SPORT defende un bo partido no que nin as inxustizas ni o Getafe puideron acabar co Barça, o cal segue dando guerra ó Madrid por algún tempo.
Ver álbum de fotos »